A Fonsagrada
Museo comarcal
Fundado no ano 1984, o museo ten pezas de etnografía, de arqueoloxía e de arte contemporánea.
A sección de etnografía presenta entre outras a instalación dunha adega, dunha forxa de ferreiro, e dunha lareira. Hai unha parte dedicada ós oficios rurais, outra á labranza, ao monte, á escola, á relixiosidade e á emigración onde se recollen os recordos da estancia en Bos Aires e A Habana dun emigrante da zona.
A parte dedicada á arqueoloxía expón pezas pertencentes a época megalítica, á época castrexa e á época da romanización.
A sección de arquitectura popular mostra, a través de maquetas, planos e fotografías as características constructivas, materiais, e tipos de vivenda máis frecuentes.
A colección de arte contemporánea, coñecida como 'De ida e volta' está formada principalmente por esculturas que se poden ver por todo o museo, obras de artistas como Ignacio Basallo, Mónica Alonso, Manolo Paz, Paco Pestana, Xoán Lamarti, Tereixa Gómez, Alvaro de la Vega, Manuel Patinha, Luís Borrajo, Fernando Villapol, Xurxo Oro Claro e Manuel Moldes.
Web: http://museodafonsagrada.org
Dirección: Praza do Concello, s/n, 27110 , A Fonsagrada
Contacto: 982340507 / museoafonsagrada@gmail.com
Horario:
- 15 de xuño a 15 de setembro: martes a domingo de 12 a 14 h. e de 17 a 19 h.
- Resto do ano: martes a venres de 12 a 14 h / Sábados e domingos de 12 a 14 h. e de 17 a 18 h.
- Luns pechado.
Tarifas:
- Visita individual: 1,50 €
- Entrada de balde para menores de 12 anos