As Nogais
Pontigo en Ferrería da Grupa
Descrición
De camiño á torre de Doncos, desviándose un pouco cara Chandevilar, cruzamos un regato que ocupa boa parte do camiño. Para salvalo hai un pequeno pontigo formado por troncos de madeira, seguramente de castiñeiro ou carballo, e apoiados sobre pedras. Todo o conxunto está absolutamente cuberto de musgos e vexetación que case o camuflan co fondo verde do bosque. Un recuncho, sen dúbida, singular, no que é fácil imaxinar ao monxe Hermann Künig cruzando este tipo de pontigos na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela.
Localización
Dende a estrada N-VI dirección Madrid, antes de chegar ao Miradoiro da Torre de Doncos, parte un roteiro de sendeirismo a man dereita que tomando cara Chandevilar atopa esta pontigo.