Baleira

Conxunto tradicional de Cabreira

Conxunto tradicional de Cabreira

Aldea na que se pode visitar un hórreo ben conservado de gran dimensión así coma unha ponte de madeira.

Descrición

Na parte baixa da vila atopamos un recuncho moi interesante no que destaca un hórreo de boa dimensión e bastante ben conservado. Tamén merece a pena pararse na pequena ponte de madeira, máis ben unha pasarela, sobre o Rego de Valín Seco, que posteriormente se xunta co Eo.

Localización

Seguindo a LU-530, en dirección á Fonsagrada e pasado o pobo da Lastra, collemos un desvío á esquerda, por unha pista asfaltada que nos leva ata Cabreira. Forma parte do sendeiro PR G-145 Ruta da Marronda.