Meira
Porto da Pena
Área recreativa na que conflúen os tres principais arroios que forma a cabeceira do Miño.
Descrición
É unha área recreativa na que, o 17 de agosto, celébrase a Xira, unha comida campestre na que familias e amigos xúntanse ao finalizar as festas de Meira. É un bosque formado por castiñeiros, carballos, bidueiros e salgueiros, no que conflúen os tres principais arroios que forman a cabeceira do Miño: Irimia, Feás ou Xiromeno e Leiras. Limita co muro que rodeaba as posesións do antigo mosteiro cisterciense de Meira. Se o seguimos uns metros, cara á esquerda, daremos cun sinxelo banco, pegado ao muro, semioculto, formando un recuncho moi atractivo pola súa gran acumulación de vexetación, especialmente musgos.
Localización
Accédese por a estrada LU-3003 e atópase a 1 km do centro da vila de Meira.
A Lagúa. Charca e capela
Humidal que protexe especies diversas de anfibios e dá de beber a diversa fauna silvestre. Xunto a ela, unha pequena capela e área de descanso.
Capela de Paredes
Capela de San Roque
Pequena capela anexa ao cemiterio municipal.
Fervenza da Mexadoira
Fervenza situada nunha incrible contorna natural.
Fontes en Meira
Ben sinalizadas, conforman un agradable paseo por todas as fontes de auga de Meira.
Hórreo O Muiño
Hórreo habitual en Ancares Terras de Burón sita na área recreativa Profesor Pío Barja.
Mosterio de Santa María de Meira
Mosteiro cisterciense do S.XII que deu nacemento á vila de Meira. No seu momento acolleu unha falcutade de filosofía, así coma unha hospedaría.
Parque Profesor Río Barja
Parque adicado ao xeógrafo e profesor Francisco Javier Río Barja. Posúe unha coidada arboreda de especies autóctonas así coma esculturas e hórreos.
Pedregal de Irimia
Nacemento do río Miño.
Porto da Pena
Área recreativa na que conflúen os tres principais arroios que forma a cabeceira do Miño.