Meira

Pedregal de Irimia

Pedregal de Irimia

Descrición

Neste punto nace o río Miño, ao fondo dunha morrena periglaciar formada por grandes bloques de cuarcitas que crean un embude de 700 metros de lonxitude. En realidade, é o punto no que a auga sae á superficie, xa que máis arriba, óese pero non se pode ver.

Localización

Estrada local dende a CP-3003. Perfectamente sinalizado e con acceso para vehículos, autobuses e caravanas. Ten aparcadoiro.