Os Cangos - Mirador de San Xurxo - Mosteiro de Santa María de Meira
Mosterio de Santa María de Meira
Descrición
A vila de Meira fúndase a partir deste mosteiro cisterciense, cara ao ano 1143. Actualmente consérvase a igrexa e parte das edificacións. Con planta de cruz latina, ten tres naves, cruceiro e cinco capelas. No S. XVI constrúese un edificio anexo que acollía a facultade de filosofía, hospedería, portería e o claustro dos cabaleiros, do que aínda se poden ver algunhas pequenas seccións, así como a fachada, o rosetón e a singular cerraxería do portón principal. No interior, destaca o sartego de dona María de Bolaño, de 1543, e unha lápida labrada de 1659. Tamén os retablos e pinturas murais do S. XVII.
Localización
No centro da vila de Meira.