Ribeira de Piquin
Ponte colgante no Eo
Ponte colgante metálica que cruza o río Eo.
Descrición
Trátase dunha ponte colgante, metálica, apoiada en dúas estruturas de formigón, a modo de portas, que soportan os cables tensores. No bosque abundan os castiñeiros, os fentos e os musgos, todo un catálogo de posibles micropaisaxes. Ao lado esquerdo do río atopamos o carreiro que une Chao de Pousadoiro co Muíño de García, unha excelente proposta para achegarnos a estes lugares.
Localización
Saímos de Chao de Pousadoiro pola LU P-5404, en dirección sur. A un par de quilómetros, atopamos un desvío á dereita, unha pista de terra que enseguida nos conduce á ponte colgante. Tamén se pode chegar seguindo o carreiro que sae de Chao de Pousadoiro cara ao Muíño de García.
PISCIFACTORÍA DE SANTALLA
Área recreativa de A Retorta
Área recreativa ampla con refuxio de pescadores á beira do río Eo.
Hórreos en Mende
Conxunto de hórreos na aldea de Mende.
Igrexa dos Vaos
Igrexa con cinco caveiras humanas que miran cara o cemiterio.
Igrexa San Xurxo de Piquín
Igrexa de estilo neoclásico.
Núcleo de Barangón
Bonita aldea para apreciar as súas micropaisaxes.
Ponte colgante no Eo
Ponte colgante metálica que cruza o río Eo.
Salto de auga e Área recreativa en Chao de Pousadoiro
Área recreativa de gran beleza que tamén é praia fluvial.
Seimeira Pena dos Portelos
Fervenza de 15m de altura rodeada de abundante vexetación. Bo lugar para observas aves que habitan os ríos dun xeito respectuoso.