Santa María de Penamaior a Santalla de Ribeira de Piquin
Capela de San Antonio de Castrolanzán
Pequena capela con encanto
Descrición
Unha pequena capela que conforma unha imaxe moi agradable co bosque detrás. Éntrase a ela por un pequeno portal que servía de refuxio de fieis e viaxeiros. Como moitas de Ancares Terras de Burón dende o portal pódese ver o retablo interior, a través dunhas ventás situadas a ambos lados da porta que acostuman a ter unha reixa de madeira.
Localización
Atópase no lugar de Castrolanzán, a 5 km da saida da autovía A6, en A Condomiña tómase o desvío á dereita pola LU P-0508 e ó pasar Castrolanzán está a capela a man esquerda.
Ponte de Os Mazos
Ponte sobre o río Neira, posiblemente de orixe romana.
Capela de San Antonio de Castrolanzán
Pequena capela con encanto
Igrexa de A Fontaneira
Costruída en 1802, alberga un retablo barroco presidido polo Apóstolo Santiago a cabalo.
Hórreo de A Fontaneira
Hórreo tradicional construído en madeira de castiñeiro
Hospital de Montouto
En pleno Camiño Primitivo, restos dun hospital de epregrinos do S.XIV