Baralla
Capela de San Antonio de Castrolanzán
Descrición
Unha pequena capela que conforma unha imaxe moi agradable con o bosque detrás. Entrase a ela por un pequeno portal que servía de refuxio de fieis e viaxeiros. Como moitas de Ancares Terras de Burón dende o portal pódese ver o retablo interior, a través dunhas ventás situadas a ambos lados da porta que acostuman ter un enrexado de madeira.
Localización
Atópase no lugar de Castrolanzán, a 5 km da saida da autovía A6, en A Condomiña tómase o desvío á dereita pola LU P-0508 e ó pasar Castrolanzán está a capela a man esquerda.