Baralla
Lavadoiro de Ferreirós
Descrición
Como en todo o rural galego, os lavadoiros eran parte esencial das aldeas, non só pola súa función hixiénica de facilitar o lavado de roupa, en tempos en que non había auga corrente nas casas e a única alternativa era o río, senón por que servían de lugar de encontro para as mulleres. Aquí falábase, facíanse confidencias, cantábase, etc. este lavadoiro, foi restaurado recentemente.
Localización
Á saída de Baralla pola N-VI direccion A Coruña, a 2,5 Km a man esquerda atópase a entrada ao núcleo de Ferreiros, dentro do pobo hai un camiño á dereita que leva ao lavadoiro.