Negueira de Muñiz

Aldea de Ernes

Aldea de Ernes

Descrición

Como micropaisaxe, a aldea de Ernes reúne un innumerable conxunto deles. Por todos os lados vemos elementos que nos suxiren belas composicións. As súas fontes, muros, casas (en uso, restauradas ou en ruínas) o cemiterio, os hórreos, camiños, soutos, etc. forman, sen dúbida, un gran escenario. Como aldea, como comunidade, tamén é un espazo que convida á visita e merece a pena coñecer.

Localización

Dende Negueira de Muñiz collemos a LU P-3602, que despois pasa pola LU-702, ata cruzar o Navia pola ponte de Boabdil e, un pouco máis adiante, o Ibias. Seguimos esta estrada, deixando sempre á nosa esquerda o río Navia, ata chegar á aldea de Ernes.