Pol

Igrexa de Cirio

Igrexa de Cirio

Igrexa románica do século XII, é a máis antiga do concello de Pol.

Descrición

Esta é a igrexa máis antiga de todas as parroquias que conforman o concello de Pol. En honra a Santa María, trátase dunha obra románica da segunda metade do século XII ou principios do século XIII e aínda que a fachada foi restaurada, os dous muros laterais consérvanse íntegros ademais do tímpano, no que hai unha inscrición que fai referencia á necesidade de purgar os pecados para toda persoa que queira alcanzar o Reino dos Ceos. Tamén son interesantes os canecillos e un pequeno reloxo solar, aínda que bastante deteriorado. O entorno complétase cun groso castiñeiro de indias e unha pila bautismal.

Localización

Estrada 760 direccion Lugo, a 2,7 km xirar á esquerda por a pista asfaltada, a igrexa atópase a 700 m.