Pol
Igrexa de Fraialde
Igrexa que data do século XVIII que alberga unha Santa Mariña do século XIV.
Descrición
Segundo aparece inscrito no dintel da sancristía, esta igrexa levantouse ao redor de 1764, grazas á axuda de don Diego de Villamarín. Destaca a alta espadana con campanario e o pórtico de acceso. No seu interior hai retablos e esculturas do S. XVIII, ademais dunha de Santa Mariña, do S. XIV.
Localización
Estrada 760 direccion Lugo, a 5 km xirar á esquerda por estrada asfaltada, a igrexa atópase a 1,5 km.
Área recreativa de Mosteiro
Gran área recreativa con río e muiños.
Capela das Neves
Capela datada do s. XVII que debe o seu nome á intervención da Virxe nunha nevarada en agosto.
Capela das Virtudes en Xerbolés
Capilla ubicada nun fermoso bosque.
Carballeira de Mosteiro
Área de descanso entre carballos. Aquí celébrase a Festa do Emigrante.
Cruceiro Casa Carballo
Cruceito encostado na parede dunha casa.
Fonte de Lúa
Fonte na que auga parece que nace na propia parede.
Fonte en Xerbolés
Fonte situada en área de descanso un pouco afastada da estrada.
Igrexa de Lea e Casa Teixeiro
Conxunto formado por igrexa e casa nobiliaria na que destacan os dous escudos da súa fachada e unha inscrición en latín de mediados do século XVIII.
Muíño do Mazo
Muiño de estilo "de dorna" ou "de caldeira" ao que a auga chégalle por unha canle que se vai estreitando para aumentar a súa forza progresivamente.
Igrexa de Fraialde
Igrexa que data do século XVIII que alberga unha Santa Mariña do século XIV.
Igrexa de Cirio
Igrexa románica do século XII, é a máis antiga do concello de Pol.
Hórreos de Lúa
Esta aldea alberga gran variedade de hórreos en xeral ban conservados.