Cervantes

Aldea de Piornedo

Aldea de Piornedo

Descrición

Piornedo é, sen dúbida, o maior e mellor conservado, conxunto de pallozas de toda a penísula, polo que está catalogado como BIC. De orixe prerromana, a palloza é unha vivenda dunha planta, redondeada e cunha grosa cuberta vexetal a base de grosos atados de palla de centeo ou "colmos". As últimas pallozas de Piornedo habitáronse ata os anos 70, o que dá unha idea das condicións de vida nestas montañas. Este lugar suxírenos tantos micropaisajes como sexamos capaces de imaxinar, xa sexan fontes, camiños, hórreos, unha capela, etc.

Localización

Piornedo atópase a 30 km de A Pobra de Navia de Suarna, a 37 km de San Román de Cervantes, 45 Km de Pedrafita do Cebreiro e a 50 de Becerreá. O acceso é por estradas de montaña e compre levar o coche con boa reserva de combustible, e conducir con precaución consultando as condicións meteorolóxicas sobre todo no inverno por mor das posibles nevaradas.