Cervantes
Conxunto etnográfico de San Román
Conxunto etnográfico formado por dúas pallozas e un hórreo tradicional
Descrición
Sobre unha pequena campa orientada ao norte, nos arredores de San Román, atópase este conxunto etnográfico formado por dúas pallozas e un hórreo tradicional, en representación dos elementos construtivos máis identitarios de Ancares Terras de Burón. As pallozas eran de planta circular, muros de pedra e teitume a base de atados de palla de centeo ou "colmo", no interior habitaban as persoas e os animais. As deste parque mostran no seu interior unha boa colección de pezas e elementos domésticos. Os hórreos son de base cadrada, construídos en madeira de castiñeiro e co mesmo tipo de cuberta vexetal que as pallozas, a miúdo a catro augas, aínda que con frecuencia substituíuse por laxas de lousa.
Localización
Na vila de San Román de Cervantes.
MESÓN CATROVENTOS
Cociña tradicional galega, elaborada artesanalmente con produtos do territorio, en ambiente familiar e rodeada polos paisaxes únicos dos Ancares.
Aldea de Piornedo
Maior e mellor conxunto conservado de pallozas de toda a península. Catalogado como BIC.
Campa de Tres Bispos
Prado que marca o inicio da subida ó pico dos Tres Bispos.
Capela da Nosa Señora de Donís
Construción humilde cun retablo coa Nosa Señora das Neves, Santiago Apóstolo e San Antonio.
Castro de Santa María
Restos dun poboado fortificado ocupado entre os séculos I ao III D.C
Conxunto etnográfico de San Román
Conxunto etnográfico formado por dúas pallozas e un hórreo tradicional
Fonte do Vilarello
Fonte singular, na que auga descorre por escadas de aceiro.
Igrexa de Cereixedo
Igrexa de gran tamaño e contrafortes con varias capelas encostadas á nave principal.
Igrexa de Donís
Unha das igrexas máis grandes de Cervantes construída en granito.
Igrexa de Mosteiro e banzado
Igrexa situada nunha zona de monte preto dunha banzado de interés.
Souto Os Cabaniños - Cable
Bosque de grandes aciñeiras con formas curiosas.