Cervantes
Igrexa de Mosteiro e banzado
Igrexa situada nunha zona de monte preto dunha banzado de interés.
Descrición
Esta igrexa está situada nunha pequena lomba sobre un val no que predomina o bosque. É de dous corpos, enfoscados en branco, planta rectangular e coa cuberta de lousa. Conta cunha espadana que alberga dúas campás e está rodeada dun muro baixo no que chama a atención un sartego de pedra incrustado no seu perímetro. Moi preto da igrexa atópase un banzado, ou represa, sobre o río Cervantes que merece a pena explorar, do mesmo xeito que toda a contorna.
Localización
Dende a LU-723, en dirección Provincia de León, ó chegar a Mosteiro, cóllese o primiero desvio á esquerda, atopando o conxunto a poucos metros.
MESÓN CATROVENTOS
Cociña tradicional galega, elaborada artesanalmente con produtos do territorio, en ambiente familiar e rodeada polos paisaxes únicos dos Ancares.
Aldea de Piornedo
Maior e mellor conxunto conservado de pallozas de toda a península. Catalogado como BIC.
Campa de Tres Bispos
Prado que marca o inicio da subida ó pico dos Tres Bispos.
Capela da Nosa Señora de Donís
Construción humilde cun retablo coa Nosa Señora das Neves, Santiago Apóstolo e San Antonio.
Castro de Santa María
Restos dun poboado fortificado ocupado entre os séculos I ao III D.C
Conxunto etnográfico de San Román
Conxunto etnográfico formado por dúas pallozas e un hórreo tradicional
Fonte do Vilarello
Fonte singular, na que auga descorre por escadas de aceiro.
Igrexa de Cereixedo
Igrexa de gran tamaño e contrafortes con varias capelas encostadas á nave principal.
Igrexa de Donís
Unha das igrexas máis grandes de Cervantes construída en granito.
Igrexa de Mosteiro e banzado
Igrexa situada nunha zona de monte preto dunha banzado de interés.
Souto Os Cabaniños - Cable
Bosque de grandes aciñeiras con formas curiosas.