Navia de Suarna

Cortín Robledo de Rao

Cortín Robledo de Rao

Descrición

Un cortín é unha construción formada por un alto muro de pedras ao que só se accede por unha porta. Aberto ao ceo, no seu interior gárdanse as colmeas para protexelas de osos lambereteiros e outros intrusos. Tamén chamadas "albarizas", en Ancares Terras de Burón teñen forma circular ou ovalada e a presenza dun cortín, coas súas correspondentes colmeas, indica a boa calidade do seu hábitat, xa que as abellas son moi sensibles aos cambios ambientais. Este de Robledo de Rao consérvase en perfecto estado de uso e é moi fácil acceder a el.

Localización

Situado ó pé da estrada LU P-3508, na marxe esquerda ó pasar Robledo de Rao e antes de chegar a Murias.