Navia de Suarna

Igrexa e núcleo de Rao

Igrexa e núcleo de Rao

Descrición

Construida no S. XVII, é de planta de cruz latina, cunha cúpula no medio e a nave central máis baixa que o resto. Accédese por unha porta de medio punto, baixo unha espadana con dous ocos con campás. No interior, hai varios retablos interesantes e, destaca unha antiga pila bautismal moi ornamentada.

Localización

Situada a pouco mais de 4 km do núcleo de A Pobra de Navia, pola estrada LU P-3501, ó chegar a Galegos tómase un desvío a man dereita e a 400 m está a igrexa.