Ruta de O Cebreiro a Penamaior
Capela de San Lourenzo de Penamaior
Ermida próxima ao Santuario de Penamaior
Descrición
Na parroquia de Penamaior, un tanto retirada da estrada e semioculta ao fondo dun prado, atopamos esta pequena e sinxela ermida. Catro paredes, unha cuberta de lousa e unha cruz de madeira, cun muro a base de pequenas pedras, forman este interesante conxunto. Complétano un acivro e un carballo. Está próxima ao Santuario de Penamaior.
Localización
Dende O Cereixal, na saida da autovía, cóllese a estrada de montaña LU P-0704 durante algo menos de 3 Km, e a man dereita localizase a capela.
Conxunto etnográfico de O Cebreiro
Punto clave no Camiño de Santiago. Destacan as súas pallozas, rehabilitadas con fins etnográficos e turísticos.
Hórreo de Barxamaior
Exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón sito no medio da aldea.
Pasarela sobre o rio Navia
Pasarela que se atopa nun magnífico paseo entre bosques con excelente vistas a soutos de castiñeiros.
Regueiro de Cabanas
Lugar para desconectar formado por un pozo e un bosque.
Fonte de Castelo
Fonte con lavadoiro tradicional cuberto, recentemente restaurado.
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Descoñecido mosteiro do s.X en plena Vía Künig de gran interese artístico.
Capela de San Lourenzo de Penamaior
Ermida próxima ao Santuario de Penamaior