Ruta de O Cebreiro a Penamaior
Fonte de Castelo
Fonte con lavadoiro tradicional cuberto, recentemente restaurado.
Descrición
Situada na parte alta do pobo, ao pé da estrada N-VI, trátase dun conxunto restaurado recentemente e formado por tres elementos, a propia fonte, un amplo lavadoiro e unha cuberta de madeira e lousa que protexe ambas as pezas. Trátase dun lugar moi agradable para repoñer forzas, refrescarse ou pararse un intre para gozar do murmurio da auga, moi apreciada para beber pola veciñanza.
Localización
Situada no barrio de Castelo, á saida de Becerreá pola N-VI dirección Lugo, atópase a marxe dereita, nunha explanada na que se pode aparcar doado.
Conxunto etnográfico de O Cebreiro
Punto clave no Camiño de Santiago. Destacan as súas pallozas, rehabilitadas con fins etnográficos e turísticos.
Hórreo de Barxamaior
Exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón sito no medio da aldea.
Pasarela sobre o rio Navia
Pasarela que se atopa nun magnífico paseo entre bosques con excelente vistas a soutos de castiñeiros.
Regueiro de Cabanas
Lugar para desconectar formado por un pozo e un bosque.
Fonte de Castelo
Fonte con lavadoiro tradicional cuberto, recentemente restaurado.
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Descoñecido mosteiro do s.X en plena Vía Künig de gran interese artístico.
Capela de San Lourenzo de Penamaior
Ermida próxima ao Santuario de Penamaior