Ruta de O Cebreiro a Penamaior
Conxunto etnográfico de O Cebreiro
Punto clave no Camiño de Santiago. Destacan as súas pallozas, rehabilitadas con fins etnográficos e turísticos.
Descrición
É un punto clave do Camiño de Santiago, ao ser a primeira poboación de Galicia que se atopan os peregrinos tras o duro ascenso dende a meseta. Destacan as pallozas, construcións tradicionais de orixe prerrománico, de fomas redondeadas, con muros de pedra e cuberta vexetal a base de grosos atados de palla de centeo ou "colmo". Servían de vivenda, almacén e cortes dos animais. Algunhas foron ocupadas ata mediados do século pasado e hoxe, están rehabilitadas con fins etnográficos e turísticos; xunto co santuario reciben miles de visitas ao ano.
Localización
Saímos de Pedrafita do Cebreiro pola LU-633, en dirección sur. A un 4,2 km. Chegamos a Ou Cebreiro.
Conxunto etnográfico de O Cebreiro
Punto clave no Camiño de Santiago. Destacan as súas pallozas, rehabilitadas con fins etnográficos e turísticos.
Hórreo de Barxamaior
Exemplar de hórreo tradicional de Ancares Terras de Burón sito no medio da aldea.
Pasarela sobre o rio Navia
Pasarela que se atopa nun magnífico paseo entre bosques con excelente vistas a soutos de castiñeiros.
Regueiro de Cabanas
Lugar para desconectar formado por un pozo e un bosque.
Fonte de Castelo
Fonte con lavadoiro tradicional cuberto, recentemente restaurado.
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Descoñecido mosteiro do s.X en plena Vía Künig de gran interese artístico.
Capela de San Lourenzo de Penamaior
Ermida próxima ao Santuario de Penamaior