Rutas en Bicicleta
Campa da Braña - Sete Carballos - San Román - As Pontes de Gatín - Doiras
Pequena ruta que comezamos dende a Campa da Braña, lugar no que podemos deixar o noso vehículo e encher os bidóns antes de comezar. Partiremos en dirección San Román, para coroar o Alto de Sete Carballos tras subir uns escasos 3 kms, dende o alto lanzarémonos nun rápido descenso, no que podremos desfrutar dunhas vistas increibles, dado que o bo estado do firme vainos permitir baixar bastante relaxados. Pasaremos por San Román e seguiremos baixando ata cruzar o río Navia e chegar ata a LU-722, na que colleremos á esquerda e tras percorrer uns 500m e chegar a Líber, xiraremos outra vez á esquerda en dirección ás Pontes de Gatín e Doiras. Por esta mesma estrada circularán os ciclistas profesionais na etapa 13 da volta a España do 2024, facendo este percorrido na mesma direccón ata Doiras. Compartiremos este primeiro tramo tamén co río Cervantes, que baixará pola nosa dereite ata atoparse ca forza do Navia. Dende As Pontes de Gatín temos uns 18km de rodar tranquilo ata a localidade de Doiras, na que tamén é de visita obrigada o seu Castelo. Despois de avituallarnos, comezaremos a última ascensión do día, uns 11km ata o noso punto de partida na Campa da Braña.