Rutas en Bicicleta

Circular Ancares por Vilaver

Circular Ancares por Vilaver

Ruta circular que comezamos dende A Campa da Braña, lugar que dispón dunha boa zona de aparcamento, ademáis de unha fonte a 300m en dirección Piornedo, na que podamos avituallarnos antes de comezar a nosa ruta. Nós imos sair en dirección contraria, atopándonos unha pequena subida ata coronar o alto de Sete Carballos, para despois lanzarnos nun entretido descenso ata Quindous, localidade na que ó chegar ímonos atopar de fronte con un stop, no medio dun fermoso parque cheo de carballos, neste punto colleremos á dereita con dirección a Vilaver. A partir desde punto imos a adentrarnos por unha zona na que se poden ver algúns dos soutos máis impresionantes dos Ancares, algo a ter en conta porque dependendo da época do ano, podemos atoparnos con unha gran cantidade de ourizos na estrada. Unha vez pasamos Vilaver, debemos coller á esquerda cando atopemos un cartel que nos indique Santo Estevo. A partir de aquí xa só queda desfrutar ata que baixemos ata case tocar o río Ser, para despois sufrir un pouco mentres pasamos polo pobo de Vallo. Sen desviarnos chegaremos a pasar por Silvouta, ata atopar con unha sinal que nos indica Navia de Suarna, seguindoa chegaremos ata a Proba de Navia, localidade na que sería aconsellable realizar unha parada para repoñer forzas e encher os nosos bidóns. Saíndo deixaremos o río Navia a man esquerda ata atoparnos con varias sinais que nos indican dirección Rao e Balouta cara a dereita, aquí comeza unha dura subida ata coronar o alto de Serra Morela. Unha vez no alto teremos un corto descenso ata que comece unha nova dificultade camiño de Murias, dende aquí colleremos dirección Balouta, para remontar pola beira do río ata chegar a dita localidade. A partir de aquí enfrontarémonos a unha dura subida, pero con bo firme, a diferencia dos últimos kilómetros, unha vez no alto teremos un pequeno descanso antes de enfrontar as últimas rampas do teito dos Ancares. Daremos volta por donde viñemos ata coller dirección Piornedo, teremos un prolongado e divertido descenso ata encarar as últimas rampas duras duras do día e por fin divisar as primeiras pallozas. Dende Piornedo xa só nos quedan algo menos de 20km ata chegar ao noso punto de partida, desfrutando dun continuo sube e baixa por este fermoso val. - Campa da Braña - Alto de Sete Carballos - Quindous - Vilaver - Vallo - A Pobra de Navia - Rao - Murias - Balouta - Porto de Ancares - Piornedo