Rutas en Bicicleta
Campa da Braña - Piornedo - Porto de Ancares - Balouta - Navia - Quindous
Comezamos esta ruta dende a Campa da Braña, lugar no que podremos aparcar sen problemas. Sairemos en dirección a Piornedo e a escasos 300m teremos unha fonte a man dereita, a partir de aquí comezaremos un prolongado descenso, no que teremos que prestar moita atención o estado da estrada. Bordearemos todo o val desfrutando das vistas con un continuo sube e baixa que nos axudará a quencer as pernas para o longo percorrido que nos queda por diante. Chegaremos a un cruce no que se indica Piornedo a man dereita, a partir de aquí comezan as primeiras rampas duras do día, unha subida esixente pero corta ata un dos pobos mais singulares dos Ancares, que cas súas pallozas fai que sexa imposible esquecelo a todo aquel que o visite. Seguindo a estrada pola que viñemos, teremos un pequeno descenso a partir do cal, xa comezaremos a subir sen descanso ata o teito dos Ancares. Deixaremos a man esquerda a localidade de Suárbol, para enfrentarnos ás rampas mais duras desta ascensión, ata 6 xiros en ferradura e rampas que superan o 12%, fan destos 7 kms que teremos ata a cima unha dura proba. Unha vez corenemos e repoñamos forzas, comezaremos un rápido descenso ata a localidade de Balouta e seguindo o discurrir do río do mesmo nome, chegaremos ata a localidade de Murias, para seguir baixando ata enfrontarnos á segunda dificultade do día, o alto de Serra Morela, algo mais de 6 km de subida ata coroar, para despois lanzarnos nun dos descensos mais pracenteiros dos Ancares, ata chegar ás beiras do Navia e chegar á localida á que da nome, a Proba de Navia. Aquí teremos varias fontes e opcións para avituallarnos, pois vainos facer falla. Continuaremos pola LU-722 de par do río ata chegar á localidade de San Martín da Ribeira, donde colleremos o desvío a man esquerda dirección Quindous. Dende este punto teremos uns 16km ata o alto de Sete Carballos, alternando rampas moi duras con descansiños e baixadas. Unha ver coroemos, so nos queda deixarnos levar ata a Campa da Braña, punto de partida da nosa ruta.