Rutas en Bicicleta
Campa da Braña - Doiras - As Pontes de Gatin - San Román - Sete Carballos
Ruta sen gran dificultade que comezamos dende A Campa da Braña, lugar que dispón de bo aparcamento e unha fonte a escasos 300m en dirección a Piornedo. Unha vez teñamos os bidóns cheos, daremos media volta para baixar nun largo e precioso descenso ata a localidade de Doiras, na que tomando un pequeno desvío a man esquerda e subindo uns 700m, podremos divisar o seu impresionante Castelo para despois baixar de novo e retomar a nosa ruta dirección as Pontes de Gatín. Dende aquí teremos uns 20 kms de rodar sinxelo acompañando ao río das Casas que máis tarde se xuntará co Cervantes e nos levarán ata as Pontes de Gatín, lugar no que xa nos atoparemos ca forza do Navia e o seu discurrir por baixo da Ponte do Demo. Este percorrido será o que farán os ciclistas da volta a España na etapa 13 ao seu paso polos Ancares, pero en dirección contraria. Aínda nos quedarán uns kms de tranquilidade, pasando pola localidade de Líber, antes de coller o desvío a man dereita e dirección Cervantes, cruzaremos por última vez o Navia e comezaremos esta ascensión de 16kms ata o alto de Sete Carballos, no camiño pasaremos pola localidade de San Román, donde xusto na entrada temos unha fonte. Despois atoparemos varios descansos e incluso baixadas que nos permitirán recuperar folgos e desfrutar da paisaxe e das vistas panorámicas que nos ofrece esta ascensión. Unha vez coroemos este alto, xa só teremos que deixarnos levar por unha corta pero veloz baixada ata o noso punto de inicio na Campa da Braña.