Rutas en Bicicleta

San Román - Sete Carballos - Doiras - O Portelo - Pedrafita

San Román - Sete Carballos - Doiras - O Portelo - Pedrafita

Ruta circular dende San Román, localidade na que podemos estacionar e avituallarnos antes de comezar a pedalear en dirección ao alto de Sete Carballos. Na mesma localidade tamén podemos visitar o conxunto etnográfico das pallozas de San Román. Dende este punto, temos uns 17km ata coroar o alto, pero disporemos tamén de varios descansos e incluso baixadas para recuperar folgos e quedar prendados dunhas das mellores vistas dos Ancares. Unha vez no alto, teremos un longo descenso ata a localidade de Doiras, coñecida polo seu famoso Castelo. Dende Doiras afrontaremos a dura subida ata o alto do Portelo, ascensión incluida no percorrido da etapa 13 da volta a España do ano 2024 que sairá en dirección a León, nós en cambio seguiremos subindo uns 5 kms máis en dirección a Pedrafita do Cebreiro, antes de comezar o descenso ata esta localidade, na que podramos ter un merecido descanso. Despois de repoñer forzas, volveremos polo mesmo camiño ata chegar ó cruce no alto no que colleremos dirección As Nogais, dende aquí pasaremos A Pintinidoira para ó pouco desviarnos a man dereita para baixar ata cruzar o río das Casas na localidade de Vilanova, dende a cal xiraremos a man esquerda en dirección ás Pontes de Gatín, percorrido que faremos en dirección contraria á que farán os ciclistas da volta, ata chegar á LU-722 para desviarnos en dirección a Cervantes e afrontar as últimas rampas do día ata o punto de partida en San Román.