Rutas en Bicicleta
San Román - Quindous - Sete Carballos
Ruta corta pero moi agradable que iniciamos dende San Román, donde disporemos de bo sitio para estacionar, tendo un parque xusto na entrada no que ademais temos unha fonte. Comezamos a nosa ruta pedaleando cara arriba e cando estemos por deixar atrás este núcleo, tomaremos un desvío a man esquerda en dirección Quindous e o Castro de Sta. María. A partir de aquí imos a desfrutar dun continuo sube e baixa, cruzando ríos e regatos, ademáis de agradecer a sombra dun maravilloso bosque autóctono que fará da nosa ruta unha experiencia única. Cando levemos uns 10km, atoparemos o acceso ao Castro de Sta. María a man esquerda, parada obrigatoria se visitas os Ancares. Dende aquí comezaremos a subida ata Quindous, localidade na que podemos facer un descanso para avituallarnos e tamén visitar o seu castelo. Dende Quindous todavía temos uns 8km de subida ata o alto de Sete Carballos, a última dificultade do día, antes de lanzarnos nun largo e vertixinoso descenso ata o noso punto de partida en San Román.