Becerreá
O Cereixal
Descrición
No centro deste pobo, en plena Vía de Künig, atopamos un interesante conxunto formado pola fonte, a antiga escola en proceso de transformación en albergue de peregrinos e algunha outra edificación singular. Tanto a escola como a fonte foron obra dun benefactor local, como o demostra a placa de agradecemento que os veciños colocaron encima do manancial.
Localización
Situado a 2,5 Km do centro da vila de Becerreá, pola N-VI dirección Lugo, atópase á man esquerda o núcleo de O Cereixal.