Becerreá
Ponte de Gatín
Por esta ponte de orixe romana pasaba a Vía XIX.
Descrición
De orixe romana, por eiquí pasaba a Vía XIX, a lenda atribúe o seu nome a que o construíu o diaño por un trato cunha muller encinta que facía unha longa camiñata cada día, a cambio tiña que entregarlle o primeiro ser nacido na súa casa, a sorte quixo que a primeira en parir fose unha gata, de xeito que a muller saldou a débeda co demo dándolle un gatín. En perfecto estado, é unha construción harmónica e de gran beleza que forma un agradable conxunto con outras construccións e co bosque da Ribeira do Navia.
Localización
Situado no núcleo de Pontes de Gatín a uns 9 Km da Vila de Becerreá, tómase a LU-722, con dirección a Navia de Suarna, e no núcleo de Liber, cóllese a man dereita a LU-723, atopándose a ponte a pouco máis de 1 Km.
CASA DO BICO
Sosego rural con todas as comodidades na natureza dos Ancares. Espazo hidrotermal, compromiso sostible e exquisita sensibilidade estética.
RESTAURANTE RIVERA
RESTAURANTE BOAVISTA
HERBORISTERÍA SAN JUAN
Punto de venda dos mellores alimentos elaborados por produtores dentro do Territorio de Ancares Terras de Burón.
VIANESAS DACOLÁ
Gandaría tradicional dedicada a recuperación da raza bovina autóctona Vianesa. Gando en liberdade e carne galega ligada ao territorio.
Capela de San Lourenzo de Penamaior
Ermida próxima ao Santuario de Penamaior
Igrexa do Santo, Cadoalla
Igrexa fundada en 1727 sobre outra de orixe románico sita na Vía Kunig e rodeada dunha ampla carballeira.
Fonte de Castelo
Fonte con lavadoiro tradicional cuberto, recentemente restaurado.
Lavadoiro a Fonte do Inferno
Antigo lavadeiro municipal cunha cuberta de madeira con área de descanso.
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Descoñecido mosteiro do s.X en plena Vía Künig de gran interese artístico.
O Cereixal
Aldea na que existe un interesante conxunto con fonte, antiga escola e edificación singular.
Os Grobos
Bosque máxico e delicado, con labirintos de rochas e pasadizos cubertos de espeso musgo.
Ponte de Gatín
Por esta ponte de orixe romana pasaba a Vía XIX.