Pedrafita do Cebreiro
Aceña de Pérez
Descrición
Trátase dunha aceña das que eran moi apreciadas polo bo pan que saía das suas muiñadas, porque non todas as aceas moían igual, a fariña obtida cambiaba moito dunhas aceñas a outras. A entrada de auga facíase dende unha cota superior e acumulábase nun depósito vertical que se estreitaba a medida que se achegaba ás pas da roda, xerando un "efecto Venturi" que aumentaba a presión e fórzaa da auga. Esta aceña restaurada e habilitada para moer, aínda se pode visitar, e na súa contorna podemos identificar outros micropaisaxes asociados ó río, como unha fervenza próxima, etc.
Localización
Atópase a pouco máis de 5 km de Pedrafita. Saíndo pola N-VI en dirección Madrid, no núcleo de San Pedro cóllese a man esquerda a LU P-4503 e a preto de 4 km atópase unha pista de terra a man dereita pola que se chega á acea a poucos metros.