Pedrafita do Cebreiro
Fonte e Igrexa en Padornelo
Descrición
Igrexa de pranta rectangular, con muros de mampostería de lousa e cuberta a base do mesmo material. O campanario remata triangularmente e alberga dúas campás. Accédese por un pórtico con dúas entradas, en cuxo interior vemos varias lápidas funerarias. No interior destaca o seu retablo barroco do século XVII. En fronte atopamos a fonte con auga fresca que, sen dúbida, agradecen os peregrinos, antes de iniciar a dura subida a O Poio.
Localización
Dende Pedrafita, tómase a estrada LU-633 en dirección Triacastela. A 12 km torcer á dereita cara Padornelo e a 400 metros atópase a igrexa e a fonte. É punto de paso do Camiño Francés.
RESTAURANTE O CEBREIRO
Aceña de Pérez
Área recreativa de Chao de Serra
Conxunto etnográfico de O Cebreiro
Fonte e Igrexa en Padornelo
Hórreo de Barxamaior
Igrexa de San Xoan, en Hospital da Condesa
Igrexa de Santo Estevo de Liñares
Igrexa de San Lourenzo de Pacios
Lago Maior
O Xardín do Labirinto
Núcleo de Louzarela
Núcleo de Zanfoga
Santuario Santa María A Real do Cebreiro