Láncara
Campo da feira de A Pobra
Gran carballeira onde se celebra a feira da vila. Especial mención á Feira Anual da Tenreira Galega cada 1 de maio.
Descrición
É unha impoñente carballeira, máis dun centenar de exemplares de bo tamaño, con diversas construcións para dar servizo aos tratantes e visitantes como alpendres, mesas e bancos, etc. Celébrase feira os días 2, 17 e 24. Todos os anos, coincidindo co 1 de maio, ten lugar a multitudinaria Feira Anual dá Tenreira Galega, un evento rural de primeira orde no que se expoñen os mellores exemplares e desfrútase da gastronomía.
Localización
Nas aforas de A Pobra de San Xiao, seguindo a LU P-2703
Fonte do miradoiro de Láncara
Antes de chegar ao miradoiro da Pedreira, en Láncara, atopamos esta curiosa fonte de augas moi frescas.
Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo
Excelente área recreativa con mesas para picnic e xogos para a cativada.
Antiga estación de tren
Estación de tren que naceu a finais do s. XIX e finalizou a súa actividade no 2018. Forma un interesante conxunto.
Campo da feira de A Pobra
Gran carballeira onde se celebra a feira da vila. Especial mención á Feira Anual da Tenreira Galega cada 1 de maio.
Capela de Trasliste
Pequena capela con encanto.
Casa natal Fidel Castro
Recentemente restaurada, é a casa onde naceu o pai do presidente cubano Fidel Castro.
Muiño no Camiño Real
Antigo muiño ao lado dunha pequena ponte.
Parque Antonio Diz
Pequeno parque urbano de grandes árbores.
Ponte Romana de Carracedo
Ponte do século XVI construída posiblemente sobre a base dun antigo paso romano.
Praia fluvial a Pobra de San Xiao
Praia fluvial cunha ampla zona arborada.