Láncara
Muiño no Camiño Real
Descrición
Preto da ponte romana de Carracedo e ao pé do antigo camiño real, agora transformado nunha estreita estrada asfaltada, atópase este antigo muíño abandonado e case oculto polos musgos. Con todo, forma un recuncho moi interesante, á beira do río e cunha pequena ponte.
Localización
A poucos metros da ponte de Carracedo, seguindo o curso do río Neira polo que foi o antigo camiño real.