Láncara
Ponte Romana de Carracedo
Ponte do século XVI construída posiblemente sobre a base dun antigo paso romano.
Descrición
Construído no século XVI sobre a base dun anterior, posiblemente romano xa que por aquí pasaba unha calzada. Trátase dunha peza de gran porte, con sesenta e dous metros de lonxitude e unha calzada de tres e medio, ten forma de "grupa de camelo" pola súa significativa elevación central. Construído en granito, destaca o impoñente piar central, cunha significativa estrutura de corte de auga, que nos dá idea da forza do río Neira neste punto.
Localización
Atópase no lugar de Carracedo, a beira da estrada principal que atravesa o núcleo, dende a que resulta perfectamente visible.
Fonte do miradoiro de Láncara
Antes de chegar ao miradoiro da Pedreira, en Láncara, atopamos esta curiosa fonte de augas moi frescas.
Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo
Excelente área recreativa con mesas para picnic e xogos para a cativada.
Antiga estación de tren
Estación de tren que naceu a finais do s. XIX e finalizou a súa actividade no 2018. Forma un interesante conxunto.
Campo da feira de A Pobra
Gran carballeira onde se celebra a feira da vila. Especial mención á Feira Anual da Tenreira Galega cada 1 de maio.
Capela de Trasliste
Pequena capela con encanto.
Casa natal Fidel Castro
Recentemente restaurada, é a casa onde naceu o pai do presidente cubano Fidel Castro.
Muiño no Camiño Real
Antigo muiño ao lado dunha pequena ponte.
Parque Antonio Diz
Pequeno parque urbano de grandes árbores.
Ponte Romana de Carracedo
Ponte do século XVI construída posiblemente sobre a base dun antigo paso romano.
Praia fluvial a Pobra de San Xiao
Praia fluvial cunha ampla zona arborada.