Láncara
Praia fluvial a Pobra de San Xiao
Descrición
Moi próxima ao centro urbano de Pobra de San Xiao, esta praia fluvial conta cunha ampla zona verde e arboleda. Destaca especialmente unha pasarela de madeira que cruza o río Neira e permite gozar do curso da auga.
Localización
Situada a uns 700 metros do centro da vila de Pobra de San Xiao, está situada na beira do Río Neira.