Láncara
Casa natal Fidel Castro
Recentemente restaurada, é a casa onde naceu o pai do presidente cubano Fidel Castro.
Descrición
Nesta sinxela casa naceu Angel Castro, pai do presidente cubano Fidel Castro. Restaurada recentemente, é unha excelente mostra dunha humilde vivenda rural galega, e un espazo de homenaxe a un pobo de emigrantes como foi a Montaña de Lugo. Forma un conxunto harmonioso coa súa contorna.
Localización
Situada no núcleo de San Pedro de Láncara, a escasos metros da marxe dereita da LU-621 dirección Pobra de San Xiao.
Fonte do miradoiro de Láncara
Antes de chegar ao miradoiro da Pedreira, en Láncara, atopamos esta curiosa fonte de augas moi frescas.
Área Recreativa Manuel Fernández Arrojo
Excelente área recreativa con mesas para picnic e xogos para a cativada.
Antiga estación de tren
Estación de tren que naceu a finais do s. XIX e finalizou a súa actividade no 2018. Forma un interesante conxunto.
Campo da feira de A Pobra
Gran carballeira onde se celebra a feira da vila. Especial mención á Feira Anual da Tenreira Galega cada 1 de maio.
Capela de Trasliste
Pequena capela con encanto.
Casa natal Fidel Castro
Recentemente restaurada, é a casa onde naceu o pai do presidente cubano Fidel Castro.
Muiño no Camiño Real
Antigo muiño ao lado dunha pequena ponte.
Parque Antonio Diz
Pequeno parque urbano de grandes árbores.
Ponte Romana de Carracedo
Ponte do século XVI construída posiblemente sobre a base dun antigo paso romano.
Praia fluvial a Pobra de San Xiao
Praia fluvial cunha ampla zona arborada.