A Fonsagrada

Igrexa da Pobra de Burón

Igrexa da Pobra de Burón

Descrición

Baixo a advocación a Santa María Madalena, é un templo de orixe románico que conserva unha ábsida semicircular cun altar maior de estilo barroco, reformado en 1855. Destaca especialmente a sinuosa escaleira exterior, cuberta por unha abundante enredadeira, que nos permite subir ata o campanario e gozar de inmellorables vistas do val e a torre.

Localización

Dende a vila de A Fonsagrada colleremos a LU-530 dirección Lugo 400 m. Logo desviaremonos á dereita pola LU-740 dirección Vilardíaz pola que iremos 3.20 Km ata a Cruz Nova onde nos desviaremos á esquerda e seguiremos outros 100 m.