A Fonsagrada
Seimeira de Vilagocende
Descrición
Estamos diante dun espectacular salto de auga natural de máis de 50 metros, posiblemente o maior de Galicia, que remata nunha pequena lagoa. Chégase con facilidade, camiñando por unha pista entre carballos e piñeiros. Ao chegar, unha ponte e pasarelas de madeira facilítannos o tránsito por unha zona dominada por unha mesta fraga de postal e na que o estrondo da auga ao caer, a luz do sol filtrada entre as árbores, as cores do bosque, etc. convídannos a gozar desta contorna.
Localización
Dende a vila de A Fonsagrada colleremos a Avda. de Asturias ata a Praza da Igrexa, onde nos desviaremos á esquerda pola Rúa da Fonte. No final desta rúa tomaremos a carretera da esquerda ata enlazar ca LU-721 pola que seguiremos 5,90 km ata o aparcadoiro onde seguiremos andando 1 km ata a seimeira.