A Fonsagrada

Muiño da Allonquiña

Muiño da Allonquiña

Descrición

Estamos noutro deses lugares nos que a idea de micropaisaxe faise evidente. A fraga, o río (Allonca neste caso) e os seus sons, o camiño, a ponte, o propio muíño, a luz, etc. ofrécennos múltiples posibilidades para gozar dos sentidos.

Localización

Dende A Fonsagrada collemos a LU-701 dirección Asturias ata o Pobo de Barbeitos, (Pk 6,5) desviaremonos na rotonda pola primeira saída (LU-703), 200 m. despois desviamonos á dereita pola LU P-02 pola que seguiremos 9,20 km. ata a Allonca, pasamos a Allonca e 2 km. mais adiante estaremos na Allonquiña.