A Fonsagrada
OLLADAS DE BARBEITOS
Oito apartamentos de deseño na natureza de A Fonsagrada. Madeira local, vistas ao monte e calma total nun entorno único para desconectar.
INFORMACIÓN E RESERVAS
Enderezo:
Lugar de Barbeitos, 5, A Fonsagrada
Lugar de Barbeitos, 5, A Fonsagrada
Teléfono Contacto:
665 156 698
665 156 698
Páxina web:
https://olladasdebarbeitos.es/
RESTAURANTE O PIÑEIRAL
Confort, trato familiar e cociña tradicional en pleno Camiño de Santiago. Receitas das nosas avoas con produtos locais de primeira calidade.
MESÓN CATRO VENTOS
Cociña tradicional galega e técnicas actuais de elaboración nun paraxe único rodeado de lugares con encanto para descansar e reconfortar o espírito.
OLLADAS DE BARBEITOS
Oito apartamentos de deseño na natureza de A Fonsagrada. Madeira local, vistas ao monte e calma total nun entorno único para desconectar.
ALBERGUE CASA CUARTEL
Un espazo totalmente reformado que conserva a calor da súa historia. Un lugar onde o tempo se detén e a tranquilidade invita a quedar.
EQUUSFERA
Rutas a cabalo polo Camiño de Santiago e as paisaxes de Terras de Burón, nunha experiencia sostible e en contacto coa natureza.
CERVEXAS PÍNTEGA
Auga de pureza cristalina, lúpulo, cebada e lévedo, xunto con pequenos detalles coidados con agarimo, fan das cervexas Píntega algo único.
Aldea de Romeán
Pequena aldea abandonada cun gran hórreo que mantén o encanto da típica aldea da montaña.
Capela da Fornaza
Pequena capela que destaca polas súas brancas paredes e un forno de fundición preto dela.
Carreiro do muiño da Allonquiña
Camiño de gran beleza natural que vai cara o muíño da Allonquiña.
Ferreiría do Vilar de Cuiña
Restos dunha antiga e grande explotación de mineral construída cara a 1793.
Fonte Sagrada e Igrexa da Fonsagrada
Fonte que propiciou a fundación da Fonsagrada e disque cura doenzas.
Hospital de Montouto
En pleno Camiño Primitivo, restos dun hospital de epregrinos do S.XIV
Igrexa de Allonca
Igrexa do S. XVII cunhas singulares escaleiras que sobren ao campanario.
Igrexa de Santa María Madanela
Templo de orixe románico reformado no S. XIX.
Igrexa de Lamas de Moreira
Esta igrexa de orixe románico formaba parte dun antigo mosteiro da orde do Císter.
Igrexa de San Martin de Robledo
Igrexa cunha vista privilexiada.
Muiño da Allonquiña
Un lugar apacible de gran beleza natural con muiño tradicional.
Praia fluvial de Naraxa - Pena do Inferno
Gran praia fluvial con área de picnic, zona de baño e ponte colgante nunha bela contorna natural.
Sauna Castrexa e Castro de Castañoso
Antigo castro e recente descubrimento dunha sauna castrexa.
Seimeira e muiños de Parada
Curiosos muiños que penduran nunha parece rochosa e salto de auga de máis de 20 metros de altura.
Seimeira de Vilagocende
Espectacular salto de auga de máis de 50 metros de altura e que remata nunha pequena lagoa.
Teixos milenarios de Carballido
Exemplares de teixos de gran valor pola súa lonxevidade e tamaño que figuran no Catálogo de árbores Senlleiras de Galicia.