Mapa Global

Área recreativa As Veigas

Área recreativa As Veigas

Descrición

Situado na beira do Navia e na saída da Pobra, en dirección a Ibias. É un espazo agradable, con mesas de pedra, bancos e grellas, cunha ampla zona de sombra proporcionada por salgueiros e ameneiros. Sobre o río Navia destaca unha pasarela de madeira, pola que se pode atravesar ó fermoso núcleo de Barcia na outra beira.

Localización

Na saída da Pobra, dirección Ibias e ao pé da LU-722.