Mapa Global

Muiño do Mazo

Muiño do Mazo

Descrición

Sobre o río Boullón, atopamos este muíño perfectamente rehabilitado e cuxo nome dános unha idea da antiga existencia dunha explotación de ferro, no mesmo lugar ou moi próxima. A zona préstase a un agradable paseo entre prados e bosques.

Localización

Tomando a estrada das Nogais a Nullán, a 2 km do centro das Nogais, tómase un desvío a man dereita que leva ata o muíño.