Mapa Global

Bosque da Ferrería da Grupa

Bosque da Ferrería da Grupa

Descrición

Para chegar camiñando ata a base da torre de Doncos, atravesamos unha compacta masa boscosa formada maioritariamente por castiñeiros e carballos, amieiros, algún acivro, etc. Baixase por unha pista sen asfaltar na que nos acompaña o murmurio da auga, estamos a chegar ao Navia, os cantos dunha infinidade de aves, o vento, etc. E un bosque para desfrutar dun paseo en calquera época do ano, así é que por este paraxe discorre unha ruta de sendeirismo moi apreciada polos camiñantes.

Localización

Dende a Estrada N-VI dirección Madrid, antes de chegar ó Miradoiro da Torre de Doncos, parte una ruta de sendeirismo a man dereita que percorre este bosque.