Mapa Global

Mosteiro de Santa María de Penamaior

Mosteiro de Santa María de Penamaior

Descoñecido mosteiro do s.X en plena Vía Künig de gran interese artístico.

Descrición

Pouco coñecido, este mosteiro atópase entre Becerreá e Baralla, nunha zona pouco transitada e na que se respira paz por tódolos lados. Existen referencias da súa existencia no ano 922, aínda que a igrexa é algo posterior, cara a 1177. Esta ten planta basilical, con tres naves e outros tantas ábsidas. Hai diversas inscricións e detalles artísticos que a fan moi interesante. Atópase en plena Vía de Künig e a súa relevancia é tal que mesmo forma parte do escenario dalgunha novela histórica.

Localización

 

Está situado a só 10 km do centro da vila de Becerreá, na N-VI dirección Lugo, despois de pasar o lugar de Campo de Arbre collemos o segundo desvío á esquerda, que nos levará ao Mosteiro.