Mapa Global

Muiño A Cortevella

Muiño A Cortevella

Descrición

É un muíño antigo, de boa dimensión, tiña polo menos tres pedras, que forma parte do conxunto da Cortevella, ao pé do río Eo. Dende a outra beira do río, compón unha imaxe moi xeitosa. Ainda que na actualidade veñense chamando muiños, na linguaxe de Ancares Terras de Burón non son mesmo os muiños e as aceñas, os muiños erán mais sinxelos e as aceñas mais complexas xa que moian separando a fariña de facer pan da que ía para os animais.

Localización

Está situado na área recreativa da Cortevella, a uns 20 km de O Cádavo. Chégase seguindo a LU-750, en dirección a Meira, para tomar un desvío á dereita na Muiña. Dende alí seguimos pola LU P-5401 ata pasar o lugar de Martin. Á dereita seguimos pola CP-5403 ata chegar á area.