Mapa Global

Igrexa de Mosteiro e banzado

Igrexa de Mosteiro e banzado

Descrición

Esta igrexa está situada nunha pequena lomba sobre un val no que predomina o bosque. É de dous corpos, enfoscados en branco, planta rectangular e coa cuberta de lousa. Conta cunha espadana que alberga dúas campás e está rodeada dun muro baixo no que chama a atención un sartego de pedra incrustado no seu perímetro. Moi preto da igrexa atópase un banzado, ou represa, sobre o río Cervantes que merece a pena explorar, do mesmo xeito que toda a contorna.

Localización

Dende a LU-723, en dirección Provincia de León, ó chegar a Mosteiro, cóllese o primiero desvio á esquerda, atopando o conxunto a poucos metros.