Mapa Global

Campa de Tres Bispos

Campa de Tres Bispos

Descrición

Unha campa ou braña é unha zona de pasto na que se alimenta o gando, xeralmente vacas, durante o verán. Esta consiste nunha ampla pradería infestada de narcisos silvestres que forman un fermoso tapiz de flores, ao finalizar o inverno. Dende eiquí, pódese, subir ó pico Tres Bispos (1.795 m) que debe o seu nome a que nel reuníanse, anualmente, os bispos das tres dioceses adxacentes: Lugo, León e Astorga.

Localización

Partindo do antigo refuxio de Ancares, seguimos unha pista asfaltada nos primeiros quilómetros pero que logo continúa de terra. Sen desviarnos, nuns seis quilómetros, chegariamos. Polo camiño, pasamos un bosquete de acivros e outro, maior, de bidueiros, carballos e freixos.