Mapa Global

Seimeira e muiños de Parada

Seimeira e muiños de Parada

Descrición

Nas inmediacións da aldea abandonada de Parada atópanse dous muíños moi deteriorados, aínda que en proceso de restauración, que están literalmente colgados sobre unha estreita parede rochosa. Ao seu lado cae con forza a auga, formando unha espectacular seimeira de máis de 20 metros de altura que se pode ver a través da xanela dun dos muíños. O angosto do lugar, as construccións colgadas da parede, a abundante vexetación, a auga que todo o salpica, etc. fan que aquí se poida comprender exactamente que é un micropaisaxe.

Localización

Situado na zona occidental do extenso concello da Fonsagrada, concretamente na parroquia de Carballido, moi preto do límite co concello de Ribeira de Piquín. Dende a aldea de Gromaz cóllese o camiño que baixa ata a abandonada aldea de Parada e, dende alí, seguese o camiño que leva ao cauce do río e á espectacular fervenza onde se atopan os muíños.