Mapa Global

Fonte e Igrexa en Padornelo

Fonte e Igrexa en Padornelo

Descrición

Igrexa de pranta rectangular, con muros de mampostería de lousa e cuberta a base do mesmo material. O campanario remata triangularmente e alberga dúas campás. Accédese por un pórtico con dúas entradas, en cuxo interior vemos varias lápidas funerarias. No interior destaca o seu retablo barroco do século XVII. En fronte atopamos a fonte con auga fresca que, sen dúbida, agradecen os peregrinos, antes de iniciar a dura subida a O Poio.

Localización

Dende Pedrafita, tómase a estrada LU-633 en dirección Triacastela. A 12 km torcer á dereita cara Padornelo e a 400 metros atópase a igrexa e a fonte. É punto de paso do Camiño Francés.