Mapa Global

Hospital de Montouto

Hospital de Montouto

En pleno Camiño Primitivo, restos dun hospital de epregrinos do S.XIV

Descrición

Paso obrigado do Camiño Primitivo, nun colado entre Montouto (1.045 m) e o Muradal (1.110 m), son os restos dun hospital de peregrinos fundado en 1357 por Pedro I, rei de Castela. Consérvase a estrutura das estancias principais, canalizacións de auga, etc. Moi preto hai un dólmen da Idade do Ferro e unha pequena capela con poucos decenios de antiguedade.

Localización

Dende a vila de A Fonsagrada collemos a LU-530 dirección a Lugo ata o kilometro 8,3 onde nos desviamos a dereita por unha pista de terra e subimos por ela 600 m.